Ábaco aposta por proxectos conxuntos para loitar contra a crise
A venda por internet e a marca de calidade “De Vanguarda” como imaxe corporativa para o novo CCA da Guarda.
Son as dúas primeiras iniciativas que “ábaco” vai pór en marcha tras a presentación e aprobación dos seus socios onte, día 25 de febreiro na sede da asociación con gran afluencia por parte dos socios.
Dúas charlas con motivo de presentar dúas campañas que levarán a cabo durante este ano 2010 encamiñándoos a conseguir que sexan máis competitivas e salgan desta crise moito máis reforzadas.
Venda virtual por internet “Eu quero vender por internet” a cargo da empresa Dous Espazos en colaboración con Informática San Benito, esta campaña é parcialmente subvencionada. Destacamos algúns aspectos fundamentais como son: A importancia do deseño da web á hora de vender, Como xestionar de forma sinxela o catálogo online, Medios de pago e seguridade no pago Os máis seguros?, Loxística, rapidez e cálculo de pórtelos nos envíos, Mercadotecnia en internet, Axudas e subvencións para pequeno comercio.
E proxecto “A Guarda De Vanguarda” a cargo da empresa Daimon Consulting, totalmente suvbencionado para a promoción e difusión do deseño na pequena empresa co obxectivo de concenciar sobre a importancia e utilidade do deseño na comunicación no comercio, mellorar a comercialización e preparación dos nosos produtos, aplicación de técnicas de deseño na comunicación da marca e consolidar a imaxe de marca que transmita calidade e seriedade.
Este proxecto piloto forma parte dunha serie de accións estratéxicas que se desenvolven desde “ábaco” para a mellora da competitivad do colectivo autónomo e microempresarios da nosa localidade, esta iniciativa está sendo promovida pola asociación e cofinanciada a través de fondos Feder e o Igape
Os proxectos para sorpresa dos presentes causo un bo impacto e un bo número deles xa se inscribiron para participar, aínda que o número de participantes é limitado todavia pódense acoller ao todo o que este interesado.
Ambos os temas espertaron gran interese do empresario a xulgar polo número de asistentes ao acto e os comentarios desprendidos ao finalizar o mesmo.
Deixar un comentario