Entrega diplomas establecementos participantes II Ruta da Tapa

Redactado por: Redacción Sábado,  13 de marzo de 2010

ENTREGA DE DIPLOMAS PRIMEIROS TRES ESTABLECEMENTOS DA II RUTA DA TAPA

Asociación do Baixo Miño de Comerciantes e Empresarios ‘ábaco’ fixo no día de onte a entrega dos diplomas aos primeiros tres establecementos gañadores da II Ruta da Tapa.

Aínda que todos tiñan ben merecido gañar os primeiros postos, son os “ruteiros” quen sempre teñen a última palabra, eles mesmos foron os que decidiron que o 1º Posto o obtivese CASA DO OUTEIRO con 426 puntos degustando a tapa “Brocheta de mar e montaña”, seguido de CASA CHUPA OVOS, quen estivo a tan só de 9 puntos do gañador con 417 ofrecendo unha curiosa tapa co nome de “Gadexo en salsa chirla” e en terceiro lugar está RESTAURANTE JUAN con 382 puntos onde podemos disfrutar dunha deliciosa tapa chamada “Ovos rotos”

Dende ‘ábaco’ queremos darlle novamente a noraboa aos gañadores desta II Ruta da Tapa A Guarda 09’ e por suposto ao resto de establecementos participantes, tamén animar a toda hostalería en xeral a que se animan a participar en futuras campañas previstas para este sector.

¡GRACIAS POR PARTICIPAR, RUTEIROS E ESTABLECEMENTOS!

« Entrega de premios concurso de tarxetas de debuxo do Nadal | Portada | Reunión co Director Xeral de Promoción do Emprego »

 

Deixar un comentario