Entrega de premios concurso de tarxetas de debuxo do Nadal

Redactado por: Redacción Venres,  10 de setembro de 2010

Onte día 20 de xaneiro tivo lugar na oficina da Asociación ‘ábaco’ a entrega de premios do tradicional concurso de tarxetas de debuxo do Nadal 2009.

Na categoría de 10 a 12 anos o gañador foi Miguel B.G. de 10 anos cun orixinal debuxo empregando moita imaxinación.

Na seguinte categoría de 6 a 9 anos gañou Marcos B.M. de 7 anos quen no seu debuxo reflexaba un diferente portal de Belén e os reis magos cos seus correspondentes regalos.

Con 5 anos gañaba Pablo B.M. na categoría de 3 a 5 anos nunha mistura de Papá Noel e reis magos.
E por último, e tamén a única nena afortunada na categoría de 0 a 3 anos que foi Antía F. de 3 aniños cun bonito debuxo un pouco sen definir, pero o importante de todo é participar e sobre todo que os nenos disfruten e se sintan a gusto.

¡Gracias a tódolos nenos e nenas por participar un ano máis!

« ENTREGA DO PLAN COMERCIO DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA Á ASOCIACIÓN ‘ÁBACO’ | Portada | Entrega diplomas establecementos participantes II Ruta da Tapa »

 

Deixar un comentario