Boa aceptación do comercio guardés no proceso de inscripción na II FEIRA DE STOCKS

Redactado por: Redacción Mércores,  8 de setembro de 2010

A Xunta Directiva da Asociación do Baixo Miño de Comerciantes e Empresarios ‘ábaco’ considera que o comercio guardés está vinculándose cada día máis coa asociación e coas actividades de dinamización comercial que se veñen realizando dende os seus inicios.

fotos-participantes-copia-2

A próxima Feira de Stocks, que se realizará os días 7 e 8 de Novembro nas Galerías da Rúas Joaquín Alonso conta xa cun importante número de inscripcións, e ata o próximo Luns, aínda se esperan moitas máis, xa que durante o día de hoxe moitos empresarios viñeron recoller as follas de inscripción ou chamaron ás Oficinas de ‘ábaco’ para informarse sobre ésta actividade, que contará ademáis con actividades complementarias para nenos e maiores.

Máis información no 986.610.887 ou en www.asociacionabaco.com

« O cambio de hora na madrugada do sábado suporá un aforro enerxético do 0,4% no consumo eléctrico en galicia | Portada | Cursos de formación gratuítos para asociados »

 

Deixar un comentario