A Xunta impulsa o plan Re-Brote e Re-Solve para axudar as empresas galegas a manter a actividade e o emprego
Estes plans contará con dous brazos armados, dotados cada un deles con douscentos millóns de euros
A Xunta impulsa o plan Re-Brote e Re-Solve, que a través do Igape destinarán 400 millóns de euros para axudar as empresas galegas a manter a actividade e o emprego. Ós plans Renove de electrodomésticos e fiestras e ó Re-Móvete de axudas directas á compra de coches, súmanse agora dúas máis, o Re-Brote e o Re-Solve, chamados a inxectar 400 millóns de euros en capital circulante nas pemes, compañías e autónomos con domicilio social e fiscal en Galicia. Javier Guerra, conselleiro de Economía e Industria, asinou con trece entidades financeiras e mais coas sociedades de garantía Afigal e Sogarpo o convenio que habilita os fondos.
Este gran pacto coa banca para habilitar novas vías de financiamento para o tecido produtivo galego, do que foi testemuña Salón Nobre do Hostal dos Reis Católicos, contará con dous brazos armados, dotados cada un con douscentos millóns. Por unha banda está o Re-Brote, que atenderá as necesidades de empresas que non atravesen situación de crise; o Re-Solve, pola súa banda, atenderá as pequenas empresas e os negocios dos profesionais por conta allea.
Guerra, acompañado tamén polo director do Igape, Joaquín Varela, destacou que é o maior plan de financiamento de circulante da historia de Galicia. Estas solucións non permitirán, con todo, refinanciar créditos xa existentes.
Poderán pedirse en calquera dos bancos e caixas que se adheriron a partir de publícación do acordo no DOG, algo que o conselleiro de Economía estima que se producirá a primeiros de esta semana. Sobre a súa tramitación, comprometeuse a dar resposta ós solicitantes nun prazo máximo de 45 días. O plan Re-Brote contará con créditos a un prazo de dous anos, de entre 300.000 e 3,5 millóns de euros. O Igape avala o 50%, mentres que a cantidade restante lles corresponderá ás entidades financeiras, que decidirán man a man coa Xunta se os pro¬xectos presentados son viables.
En canto ó Re-Solve, atenderá a problemática específica das máis de 190.000 microempresas e autónomos, que teñen menos de 10 empregados. Os créditos, a tres anos, terán unha contía mínima de 3.000 euros e unha máxima de 40.000.
Deixar un comentario