A Consellería de Economía e Industria pon en marcha unha web de apoio ao autónomo

Redactado por: Redacción Mércores,  8 de setembro de 2010

O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra Fernández, vén de presentar o Servizo de Apoio ao Autónomo, unha iniciativa que xorde como resposta a unha necesidade manifestada polas organizacións de autónomos, preocupadas pola especial fraxilidade que presenta este colectivo ante a situación económica actual. O servizo centralízase na páxina web www.autonomosgalicia.org

Este servizo ten como obxectivo satisfacer as necesidades das persoas emprendedoras en materia de asesoramento, formación e información, de xeito que contempla accións dirixidas a autónomos, técnicos e asociacións de autónomos. Pon a disposición deste colectivo publicacións específicas como a Guía Básica do Autónomo e os Cadernos do Autónomo, unha serie xa recolle cadernos sobre os Instrumentos Básicos de Financiamento, Fiscalidade, A Xestión de Tesouraría, Comunicación e Técnicas de Venda, Merchandising Visual e Contratos Mercantís.

O servizo prestarase a través das asociacións de autónomos e da plataforma Web www.autonomosgalicia.org, na que os usuarios poderán atopar as devanditas publicacións, e tamén guías de oportunidades de negocio, manuais prácticos de xestión, modelos de plan de negocio, un mapa de Galicia onde aparecen os recursos de asesoramento de cada concello, unha base de datos de axudas e subvencións, un apartado de consultas, un calendario de eventos e un boletín de noticias.

Esta iniciativa tamén inclúe un plan de formación de carácter xeral e de carácter sectorial, orientado a mellorar a formación específica deste colectivo, unha petición que vén sendo habitual entre as asociacións de autónomos.

« Los trabajadores autónomos cobrarán entre 583 y 1.383 euros mensuales si van al paro | Portada | FELICES FESTAS DO MONTE 2009 »

 

Deixar un comentario