Subvencións a empresas galegas para a adquisición de equipamento industrial
Orde do 18 de xuño de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a empresas galegas para a adquisición de equipamento industrial e se procede á súa convocatoria. (Procedemento administrativo IN530B).
- A Consellería de Economía e Industria está pondo en marcha un conxunto de medidas de apoio e actuacións de impulso, entre as que se atopa esta orde de axudas, dirixidas a paliar os seus efectos e contribuir á xeración de instrumentos de riqueza, no marco dunha política orientada a apoiar a consolidación e mellora da produtividade das empresas galegas, fomentar a achega do sector industrial ao crecemento do país e ao incremento do valor engadido xerado por estas empresas.
O obxeto destas bases e apoiar a realización de actuacións que incidan na capacidade competitiva das empresas galegas, e que se inclúen como Anexo I.
- Solicitudes: Para poder ser beneficiario das subvencións deberá presentarse unha solicitude axustada aos modelos normalizados que se inclúen como Anexo III e Anexo IV, que irá acompañada dos documentos que se especifican no artigo 5º das bases.
- Prazo de presentación: Ata o 24 de xullo de 2009.
ANEXO I
1.- Obxecto e réxime das subvencións:
O obxecto e incentivar o desenvolvemento de actuacións de investimentos en equipamento industrial que incida na capacidade competitiva das empresas galegas a través da súa adquisición no ano 2009.
2.- Actuacións, gastos subvencionables e non subvencionables:
· Actuación subvencionable: Considérase a consistente na dotación de equipamento industrial necesario para o desenvolvemento da actividade económica principal, tanto a adquisición de novo equipamento industrial coma para a renovación do existente, sempre e cando, o devandito equipamento sexa de primeiro uso. Só será subvencionable un proxecto de investimento por cada solicitante.
· Gastos subvencionables: Os investimentos en activos materiais, entendendo por estes, os investimentos en equipamento industrial novo que, directamente estean vinculados coa actividade principal da empresa. Por equipamento industrial novo deberá entenderse aquel que se adquira a un terceiro e supoña unha primeira transmisión do activo. Os ditos investimentos só terán carácter elixible cando o seu importe acade como mínimo os 12.000 euros. No suposto de acumulación de adquisición de equipamento industrial, en ningún caso se admitirán os investimentos en elementos individuais que teñan un custo inferior a 2.000 euros.
(Os gastos subvencionables deberán estar realizados e efectivamente pagados entre o 1 de xaneiro de 2009 e ata a data límite de xustificación establecida no artigo 18º).
· Gastos non subvencionables:
a) Os realizados nos centros de traballo situados fóra do territorio galego.
b) Terreos, bens inmobles e obra civil, en xeral.
c) Mobiliario, material e equipos de oficina.
d) Instalacións fixas de climatización (calefacción, refrixeración e ventilación) e de produción de auga quente sanitaria, destinadas a atender a demanda de benestar térmico e hixiene das persoas.
e) Instalacións telefónicas, fax ou de calquera tipo de telecomunicacións. Equipos para procesos de información e aplicacións informáticas non embebidas no equipamento industrial subvencionable ou que non estean incondicionalmente vinculados co seu funcionamento.
f) Instalacións eléctricas en xeral.
g) Transporte exterior que non sexa de exclusiva aplicación á actividade principal subvencionable.
h) Os gastos inmateriais derivados da adquisición do equipamento industrial (formación, viaxes, aloxamentos, seguros, transporte, impostos, etc), agás a man de obra necesaria do provedor elixido para operacións de instalación, montaxe e posta en marcha, cun límite do 10% do importe do equipamento subvencionable.
i) Investimentos destinados ao comercio polo miúdo (aínda que esta comercialización se realice no propio establecemento no que se desenvolva a actividade produtiva subvencionable).
j) Gastos financieiros derivados de posibles pagamentos aprazados do equipamento industrial, agás os gastos de formalización.
k) O imposto sobre valor engadido (IVE)
l) Calquera gasto que aínda que pola súa natureza poida considerarse subvencionable figuren incluídos e sen cuantificar gastos non subvencionables.
m) Aqueles gastos que sexan subvencionables ao abeiro da orde de axudas que convoque a Consellería de Economía e Industria nesta anualidade en materia das tecnoloxías da información e as comunicacións.
3.- Beneficiarios:
As empresas privadas validamente constituídas no momento de presentación de solicitudes, persoas físicas ou xurídicas, con domicilio social ou algún centro de traballo radicado na Comunidade Autónoma de Galicia, e que acrediten a inscrición da súa actividade principal nalgún dos epígrafes do IAE que se relacionan no Anexo II. Os beneficiarios deberán reunir os requisitos que fundamentan a concesión.
Non terán a condición de beneficiarias as seguintes empresas:
a) Aquelas que operan nos sectores da pesca e a acuicultura.
b) Aquelas que operan na produción primaria dos produtos agrícolas que figuran na lista do Anexo I do tratado.
c) Aquelas que traballan na transformación de produtos agrícolas que se recollen no Anexo I.
d) Aquelas que realizan actividades relacionadas coa exportación a terceiros paises.
e) Aquelas que utilicen bens nacionais con preferencia sobre os importados.
f) As empresas activas no sector do carbón.
g) As empresas que realicen por conta allea operacións de transporte de mercadorías por estrada e soliciten a adquisición de vehículos de transporte.
h) Aquelas que están en crise.
Así mesmo, non se consideran beneficiarios os artesáns inscritos no Rexistro xeral de Artesanía de Galicia. Esta exclusión non afecta as entidades artesanais que operan no ámbito da alimentación.
ANEXO II
Relación dos grupos ou epígrafes do IAE subvencionables:
o 162 ………… Fabricación de xeo para a venda
o 2211-2559. Extracción e transformación de minerais non enerxéticos e produtos derivados, industria química (agás a epígrafe 2392, extracción de turba).
o 3_ _ _ ……. Aqueles que empecen por 3 (industria transformadoras dos metais, mecánica de precisión)
o 4_ _ _ ……. Aqueles que empecen por 4 (agás 416, 4161, 4162, 4222).
o 5013……….. Albanelaría e pequenos traballos de construción en xeral.
o 5041……….. Instalacións eléctricas en xeral.
o 5042……….. Instalacións de fontanaría.
o 5043……….. Instalacións de frío e calor e acondicionamento de aire.
o 5044……….. Instalacións pararraios e similares.
o 5045……….. Montaxe e instalación de cociñas de todo tipo e clase, con todos os seus accesorios, para todo uso, menos o industrial.
o 5046……….. Montaxe e instalación de aparellos elevadores de calquera clase e tipo.
o 5047……….. Instalacións telefónicas, telegráficas, telegráficas sen fíos e de televisión, en edificios e construcións de calquera clase.
o 5048……….. Montaxes metálicas e instalacións industriais completas.
o 5051……….. Revestimentos exteriores e interiores de todas clases e en todo tipo de obras.
o 5052……….. Sollados e pavimentos de todas clases e en calquera tipo de obras.
o 5053……….. Preparación e colocación de sollados e pavimentos de madeira de calquera clase.
o 5054……….. Colocación de illamentos fónicos, térmicos e acústicos de calquera clase e para calquera tipo de obras. Impermeabilización en todo tipo de edificios e construcións por calquera procedemento.
o 5055……….. Carpintaría e cerrallaría.
o 5056……….. Pintura de calquera tipo e clase e revestimentos con papel, tecidos ou plásticos e terminación e decoración de edificios e locais.
o 5057……….. Traballos en xeso e escaiola e decoración de edificios e locais.
o 507…………. Construción, reparación e conservación de toda clase de obras.
o 6441……….. Comercio polo miúdo de pan, pastalaría, confeitaría e similares e de leite e produtos (serán subvencionables só as actividades de fabricación).
o 6442……….. Despachos de pan, pans especiais e bolaría (fabricación).
o 6443……….. Actividades de fabricación de produtos de pastelaría, bolaría e confeitaría.
o 6911……….. Reparación de artigos eléctricos para o fogar.
o 6912……….. Reparación de vehículos automóbiles, bicicletas e outros vehículos.
o 6919……….. Reparación de outros bens de consumo N.C.O.P.
o 692…………. Reparación de maquinaria industrial.
o 9611……….. Produción de películas cinematográficas.
o 9612……….. Dobraxe, sincronización e montaxe de películas ou cintas cinematográficas.
o 9613……….. Decoracións escénicas para películas ou cintas cinematográficas.
o 9711……….. Tinguidura, limpeza en seco, lavado e pasada de ferro de roupas feitas e de pezas de roupa e artigos do fogar usados.
o 9712……….. Limpeza e tinguidura de calzado.
o 9721……….. Servizos de perrucaría de señora e señor.
o 9722……….. Salóns e institucións de beleza e gabinetes de estética.
Ver Orden - SUBVENCION EMPRESAS GALICIA EQUIPAMENTOS 24-06-09 en .pdf
CORRECCIÓN DE ERROS:
Número do Dog:128
Páxina do Dog:11.528
Data da Disposición:
Sección:III. OUTRAS DISPOSICIÓNS
Organismo:CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA
Rango:Corrección
Título:Corrección de erros.-Orde do 18 de xuño de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a empresas galegas para a adquisición de equipamento industrial e se procede á súa convocatoria (procedemento administrativo IN 530B).
Advertido erro na Orde do 18 de xuño de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a empresas galegas para a adquisición de equipamento industrial e se procede á súa convocatoria (procedemento administrativo IN 530B), publicada no DOG nº 122, do 24 de xuño de 2009, cómpre realizar as seguintes
correccións:
Na páxina 10.936 no artigo 4º, prazo de duración do procedemento de concesión, onde di:
«Unha vez rematado o prazo para a presentación de solicitudes, estas serán
tramitadas e valoradas de acordo co procedemento establecido nas bases
reguladoras, que non poderá ter unha duración superior a meses».
debe dicir:
«Unha vez rematado o prazo para a presentación de solicitudes, estas serán
tramitadas e valoradas de acordo co procedemento establecido nas bases
reguladoras, que non poderá ter unha duración superior a 9 meses.»
Na páxina 10.944, no artigo 10º alínea d), onde di:
«Certificados que acrediten a existencia na empresa dos sistemas de xestión
referenciados no punto 2.5º b) do artigo 5º destas bases así como a
existencia de memorias de RSE (de 0 a 10 puntos)».
debe decir:
«Certificados que acrediten a existencia na empresa dos sistemas de xestión
referenciados no punto 2.5º a) do artigo 5º destas bases así como a
existencia de memorias de RSE (de 0 a 10 puntos)».
Deixar un comentario