Resolución do 19 de xuño de 2009 pola que se abre o prazo de presentación de solicitudes para que os traballadores autónomos poidan tramitar as axudas para a compra de ordenadores persoais a través das entidades colaboradoras coa Consellería de Economía e Industria
DOGA, Luns 6 de xullo de 2009
Resolución do 19 de xuño de 2009 pola que se abre o prazo de presentación de solicitudes para que os traballadores autónomos poidan tramitar as axudas para a compra de ordenadores persoais a través das entidades colaboradoras coa Consellería de Economía e Industria
, e se procede á publicidade da relación das ditas entidades colaboradoras seleccionadas ao abeiro da Orde do 26 de xuño de 2008 (procedemento administrativo IN533A, publicado no Diario Oficial de Galicia número 129, do 4 de xullo de 2008).
BENEFICIARIOS:
Traballadores por conta propia de Galicia, dados de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos da Seguridade Social, con domicilio e alta fiscal no IAE para a súa actividade económica en Galicia, agás os comerciantes detallistas, que dispoñen de liñas específicas desta Consellería para os mesmos investimentos.
Adquisición de ordenadores persoais con ferramentas de software libre. Alcance: 45% do custo de aquisición, ata un máximo de 350,00 € de axuda.
INFORMACIÓN ÓS INTERESADOS:
A única empresa de informática de todo o Baixo Miño que ten firmado un Convenio de Colaboración entre a Consellería de Economía e Industria é Alicia Piñeiro Iglesias (Informática Jaime), para a promoción do acceso empresarial á sociedade da información en Galicia entre os traballadores por conta propia dados de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos.
Informática Jaime como entidade colaboradora comprobará a idoniedade da documentación dos solicitantes para ser beneficiarios, para o que obterá do solicitante o seguinte:
a Copia do DNI ou NIE, en vigor, no que deberá constar o enderezo dentro da Comunidade Autónoma de Galicia.
a Copia de documento de pago mensual á Seguridade Social do mes anterior á solicitude, do Réxime Especial de Traballadores Autónomos.
a Identificación, por declaración do solicitante, do epígrafe do IAE, que non poderá atoparse entre as agrupacións e epígrafes que se exclúen nas bases reguladoras por pertencer á actividade de comercio retallista, e localidade da Comunidade Autónoma de Galicia na que se atopa dado de alta censual no IAE.
a Exclusivamente para o caso de que o DNI ou NIE non acredite o domicilio dentro da Comunidade Autónoma de Galicia, deberá requerirse do solicitante a presentación de certificado expedido pola Axencia Estatal da Administración Tributaria no que figure o domicilio fiscal do solicitante. A antigüidade máxima deste certificado será de 3 meses.
O investimento deberá contemplar como mínimo os seguintes elementos:
a Adquisición dun ordenador persoal portátil ou de sobremesa, con procesador arquitectura semellante a x86 de 32 bits, ou superior. O ordenador deberá incluir sistema operativo Linux.
a O ordenador deberá dispor de navegador de Internet en Software Libre tipo Mozilla Firefox versión 2.0 ou superior.
a O ordenador deberá dispor de paquete ofimático en Software Libre tipo OpenOffice versión 2.0 ou superior.
a No caso de ordenadores de sobremesa poderán estar incluídos os periféricos de usuario necesarios (pantalla, teclado e rato).
a NON SE CONSIDERA SUBVENCIONABLE a adquisición de licenzas de software adicionais á subministración básica do ordenador persoal, outros periféricos (por exemplo: impresoras, discos externos, etc), ou outro tipo de terminais (axendas electrónicas, tablet PC, teléfonos móbiles, etc).
A axuda acadará o 45% do investimento subvencionable, cun límite máximo de 350,00 € para cada solicitante. O investimento subvencionable determínase aplicando a porcentaxe de axuda sobre a base impoñible, excluíndo o IVE correspondente, que deberá ser aboado na súa totalidade polo beneficiario.
EXEMPLOS DE CÁLCULO DE SUBVENCIÓN:
Amósanse distintos exemplos de cálculo da axuda, segundo a contía do investimento subvencionable.
|
|
Investimento menor a 777,78 € |
Investimento igual a 777,78 € |
Investimento maior a 777,78 € |
|
Investimento subvencionable (base i.) |
600,00 € |
777,78 € |
1.000,00 € |
|
Subvención (45% - ata 350 €) |
-270,00 € |
-350,00 € |
-350,00 € |
|
IVE 16% sobre a base impoñib |
96,00 € |
124,44 € |
160,00 € |
|
Total a pagar polo beneficiario |
426,00 € |
552,22 € |
810,00 € |
Relación de agrupacións e epígrafes do IAE non subvencionables pola súa consideración de comercio retallista.
ANEXO III
Relación dos grupos ou epígrafes do IAE non subvencionables:
o 641…………. Comercio retallista de froitas, verduras, hortalizas e tubérculos.
o 642 ………… Comercio retallista de carnes e de miúdos.
o 643 ………… Comercio retallista de peixe e doutros produtos da pesca e da acuicultura e caracois.
o 644 ………… Comercio retallista de pan, pastelaría, confeitaría e similares, e de leite e produtos lácteos.
o 645 ………… Comercio retallista de viños e bebidas de todas as clases.
o 647.1 ……… Comercio retallista de produtos alimenticios e de bebidas en establecementos con vendedor.
o 647.2 ……… Comercio retallista de produtos alimenticios e de bebidas en réxime de autoservizo ou mixto en establecementos cuxa sala de vendas teña unha superficie inferior a 120 m2
o 647.3 ……… Comercio retallista de calquera clase de produtos alimenticios e de bebidas en réxime de autoservizo ou mixto en supermercados, denominados así cando a superficie da súa sala de vendas se atope comprendida entre 120 e 399 m2.
o 651 ………… Comercio retallista de produtos téxtiles, confección, calzado, peles e artigos de coiro.
o 652.2 ……… Comercio retallista de produtos de drogaría, perfumaría e cosmética, limpeza, pinturas, vernices, disolventes, papeis e outros produtos para a decoración e de produtos químicos.
o 652.3 ……… Comercio retallista de produtos de perfumaría e cosmética, e de artigos para hixiene e aseo persoal.
o 652.4 ……… Comercio retallista de plantas e herbas en herbolarios.
o 653 ………… Comercio retallista de artigos para o equipamento do fogar e a construción.
o 654.2 ……… Comercio retallista de accesorios e pezas de recambio para vehículos terrestres.
o 654.5 ……… Comercio retallista de toda clase de maquinaria.
o 657 ………… Comercio retallista de instrumentos musicais en xeral, así como dos seus accesorios.
o 659.2 ……… Comercio retallista de mobles de oficina e máquinas e equipamentos de oficina.
o 659.3 ……… Comercio retallista de aparellos e instrumentos médicos, ortopédicos, ópticos e fotográficos.
o 659.4 ……… Comercio retallista de libros, xornais, artigos de papelaría e escritorio e artigos de debuxo e belas artes.
o 659.5 ……… Comercio retallista de artigos de xoiaría, reloxaría, prataría e bixutaría.
o 659.6 ……… Comercio retallista de xoguetes, artigos de deporte, roupa deportiva, de vestido, calzado e lacado, armas, cartucharía e artigos de pirotecnia.
o 659.7 ……… Comercio retallista de sementes, fertilizantes, flores e plantas e pequenos animais.
o 661.3 ……… Comercio retallista en almacéns populares, entendendo por tales aqueles establecementos que ofrecen en seccións múltiples e venden en autoservizo ou en preseleción unha variedade relativamente ampla e pouco profunda de bens de consumo, cunha gama de prezos baixa e un servizo reducido.
o 662.2 ……… Comercio retallista de toda clase de artigos, incluíndo alimentación e bebidas, en establecementos distintos dos específicados no grupo 661 e na epígrafe 662.1.
ORDE SUBVENCION PARA AUTONOMOS COMPRA ORDENADORES.pdf
Deixar un comentario