Programa de Diagnósticos Comerciais e Asesoramento Individualizado en Visual Merchandising
DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA
ANUNCIO
Convocatoria para a selección de comercios retallistas da provincia de Pontevedra interesados en participar no Programa de Diagnósticos Comerciais e Asesoramento Individualizado en Visual Merchandising.
- OBXECTO
Convocatoria para a selección de pequenos/as comerciantes da provincia, para ofrecerlles a oportunidade de recibir un asesoramento personalizado e presencial en Visual Merchandising adaptado ás necesidades concretas dos seus negocios.
- BENEFICIARIOS
Comerciantes retallistas que desenvolvan a súa actividade comercial na provincia de Pontevedra.
- LUGAR E PRAZOS DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación de luns a venres en horario de 8:30 a 14:30 e de 17:00 a 19:00, no Rexistro da Sede de Vigo de luns a venres de 9:00 a 13:00 horas ou por calquera dos procedementos establecidos no art. 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das administracións e do Procedemento Administrativo Común.
O prazo de presentación das solicitudes será de 15 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da presente convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. Se o último día de presentación de solicitudes coincidira en domingo ou festivo, prorrogarase o prazo ata o primeiro día hábil seguinte.
O dito prazo poderá ampliarse 5 días máis, no caso de que no prazo estipulado non se cubrisen as 20 prazas.
As inscricións deberán formularse mediante solicitude asinada polo representante legal de cada comercio, segundo o modelo oficial do Anexo 1.
Cada comercio só poderá presentar unha única solicitude para esta convocatoria. A inscrición nesta convocatoria implica a completa aceptación das súas bases.
- ANEXOS
As bases e o modelo normalizado para a solicitude serán facilitados a través da páxina da Deputación de Pontevedra (www.depo.es).
Pontevedra, 25 de xuño de 2009. – O Presidente, ilexible. – O Secretario, ilexible 2009007286
Deixar un comentario