Programa de creación e consolidación de empresas
Estimados socios,
Hoxe pola mañá o Xefe de Proxecto do “Programa de creación e consolidación de empresas”, Antonio Martín, desprazouse ata as instalacións da Asociación de Comerciantes ‘ábaco’ na Guarda para informar sobre éste programa para os empresarios. Un programa, segundo dí, que ven a reflexar o compromiso por parte do “Consejo Superior de Cámaras de Comercio de España” que aglutina a máis de 80 Cámaras de Comercio a nivel estatal, e que ven financiado pola Unión Europea, polo cal é de carácter gratuíto.

O Programa consiste na realización dun “Plan Estratéxico” da empresa, no cal se recollerán os diferentes aspectos da súa empresa e a súa área de influencia así como o mercado e os competidores co fín de facer moito máis rentable a mesma. Dentro deste plan inclúense clases teóricas e prácticas que se desenrrolarán durante os meses de xullo, septembro e octubro, e nas que se incluen Clases Presenciais(duas por semana) e Consultorías individualizadas nas propias empresas.
O Proxecto ten unha duración total de 10 semanas entre o 13 de Xullo e o 16 de Outubro, durante o mes de Agosto non se desenvolverán accións.
Neste senso, e ata o día 10 de Xullo ábrese o prazo de inscripción para participar neste programa. As prazas son limitadas, polo cal rogamos as persoas que estén interesadas a que se inscriban canto antes, xa que a inscripción farase por orden de recepcción.
Para inscribirse chamar á Asociación de Comerciantes ‘ábaco’ ó número de teléfono 986.61.0887
Deixar un comentario