Economía e industria estuda impulsar un fondo de capital risco para apoiar proxectos de emprendedores con discapacidade

Redactado por: Redacción Xoves,  11 de marzo de 2010

O conselleiro Javier Guerra Fernández reuniuse co presidente da Asociación de Empresarios con Discapacidade de Galicia

Santiago, 1 xullo de 2009.- O conselleiro de Economía e Industria da Xunta de Galicia, Javier Guerra Fernández, comprometeuse co presidente da Asociación de Empresarios Discapacitados de Galicia (AED Galicia), Gerardo Crespo Riestra, a estudar posibles liñas de colaboración que faciliten a actividade económica deste colectivo.

Guerra Fernández apuntou a posibilidade de activar un fondo de capital risco para apoiar a estos emprendedores, despois de que o seu presidente, Crespo Riestra, trasladara á Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia os problemas aos que se enfrontan os asociados de AED para manter a súa actividade empresarial e para acceder a liñas de financiación.

javier-guerra-e-gerardo-crespo

O conselleiro de Economía e Industria trasladou á AED a súa total disponibilidade para estudar e avanzar en liñas de cooperación e colaboración. Este entendemento cos diferentes sectores empresariais galegos é un dos obxectivos fundamentais de Guerra Fernández, quen conta agora cun reforzado e renovado Instituto Galego de Promoción Económica como instrumento para axudar aos emprendedores a continuar investindo en Galicia para manter o seu tecido produtivo.

« Programa de Diagnósticos Comerciais e Asesoramento Individualizado en Visual Merchandising | Portada | A Asociación de Comerciantes ‘ábaco’ fixo entrega dos Diplomas os 3 primeiros clasificados na II Ruta do Pincho »

 

Deixar un comentario