A Asociación de Comerciantes ‘ábaco’ fixo entrega dos Diplomas os 3 primeiros clasificados na II Ruta do Pincho
Hoxe as 17:00 horas da tarde fíxose a entrega nas Oficinas da Asociación ‘ábaco’ dos Diplomas de mención especial os 3 primeiros clasificados na “II Ruta do Pincho” celebrada do 8 de Maio ó 7 de Xuño de 2009 entre 33 establecementos de hostalaría de A Guarda e O Rosal.
O primeiro clasificado foi o Mesón A Parra que obtivo un total de 288 puntos grazas o seu pincho “Mar e Montaña” composto de peituga, langostinos, filloa, queixo, crema de atún e espárragos.
En segundo lugar a Tapería Vaite Vindo con 259 puntos co seu pincho “Satriales” composto dun montadito de arroz, cebollino, pato confitado, crujiente de cebola e caramelo de Pedro Ximénez.
En terceiro lugar o Restaurante Xantar cun total de 247 puntos acadados polo pincho “Crujiente de Lomo” composto de lomo fresco relleno de queixo e fina bechamel crujiente.
¡os nosos parabéns a todos os participantes!
Noticias realacionadas:







Deixar un comentario