Xavier Vázquez, presidente da Asociación Galega de Software Libre, AGASOL, explica o futuro máis inmediato do software libre en Galicia
As canles de distribución, as vías comerciais, ou o seu uso por parte das PEMES galegas son algúns dos aspectos que aborda neste artigo a cabeza visible do software libre na nosa comunidade
A plataforma das PEMES galegas, GaliciaPMS, continúa a súa labor de información e colaboración co tecido empresarial galego cunha serie de entrevistas a personaxes senlleiros.
Javier Vázquez, presidente da Asociación Galega de Software Libre, AGASOL, é o primeiro convidado dixital a unha nova sección dentro do portal GaliciaPMS onde nunha entrevista en profundidade afonda no presente e futuro inmediato das múltiples aplicacións e ferramentas válidas para as pemes galegas no uso do software libre como unha nova fonte compartida e gratuita que diversifique as técnicas dixitais e axude os pequenos e medianos empresarios galegos como impulso definitivo nos procesos de comercialización, internacionalización e posta en marcha de novos proxectos emprendedores.
O presidente de AGASOL resposta as dúbidas máis comúns frente o reto do software libre. Fala dos produtos de éxito recoñecido que se distribúen baixo este modelo de negocio como é o software libre, como está conformada a industria do software libre en Galicia e cales son os seus principais retos nun futuro próximo.
Javier Vázquez non deixa tampouco de lado as liberdades que trae consigo a utilización do software libre e o seu emprego nos diferentes hábitos, tanto empresarial como persoal. As canles de distribución tamén son outros dos aspectos fundamentais polas cales verase envolto a curto prazo o índice de crecemento e de uso dunha tecnología que xa puxo o alcance de todos os públicos a tecnología da información e o entretemento.
Algúns dos programas de maior éxito empresarial como o navegador de Internet Firefox e o programa ofimático OpenOffice,por poñer dúas mostras, están baseados en tecnoloxia de software libre. Con estes dous exemplos, AGASOL quere poñer de manifesto que é posible incluir programas de uso non privativo nos equipos informáticos e ter unha completa liberdade de acción, xa sexa na vertente empresarial, cultural, deportiva, de xestión ou simplemente de ocio.
Na actualidade, a industria do software libre é unha alternativa máis que viable fronte ó modelo de software privativo. O volume de negocio que xera o software libre é de proporcións inmensas é neste intre Galicia conta con algunhas das empresas. dentro do territorio nacional. máis avanzadas neste aspecto.
O presidente de AGASOL, Javier Vázquez, tampouco esquece a axuda da Administración Autonómica na implantación das novas tecnoloxías libres de licenza.
Do papel que xoga AGASOL no futuro do software libre en Galicia, Vázquez tamén deixa caer unhas interesantes variables e pasos a seguir por todas as firmas que non queiran pechar as portas o futuro tecnolóxico empresarial e as múltiples cualidades e beneficios da utilización do software libre entre o tecido empresarial galego.
Información recollida de: http://galiciapms.eu/
Deixar un comentario