A guarda outlet supera as espectativas de afluencia de público

Redactado por: Redacción Mércores,  8 de setembro de 2010

sh100277

Centos de visitantes pasaron durante o día de hoxe pola Guarda para aproveitar os baixos prezos dos productos que expoñen máis de 28 empresas en A Guarda-Outlet, 1ª Feira de Liquidación de Stocks do Comercio Guardés.
Dende as 11:00 da mañá a afluencia de visitantes nesta feira foi continua, amenizou a mañá unha rondalla que percorreu a rúa Vicente sobrino e pola tarde un karaoke infantil.
Mañá Domingo día 21 de Xuño a Feira desprazaráse ata o Porto de a Guarda, onde poderedes mercar todos os artigos que precises a prezos máis que asequibles con descontos entre o 5% e o 50% e ademáis aberá un concerto pola tarde para amenizar esta xornada.
Nesta Feira participan: Confitería Estévez, Mako Jeans, Lencería Fetiche, Productos típicos Alambique, Modas El Relámpago, Juguetería Don Dino, Anxosport, Iluminación Crisdeluz, Floristería Arcos, A Rosa dos Ventos, Peluquería Imagen, Comercial Automoto, Rabel, Spa Esencial nº5, Galióptica, Padysport, Chichi, Interópticas, Todo un detalle, Calzados Sobrino, Xanela, FV Distribuciones, Mi Casa, Claudia, Bazar Arenal, Modas María Rosa, Librería Atlántica, Pepe Camilo Textil e Dunas.

¡Tes unha cita connosco mañá no porto de a guarda!
¡esperámoste!

« Xavier Vázquez, presidente da Asociación Galega de Software Libre, AGASOL, explica o futuro máis inmediato do software libre en Galicia | Portada | Lexislación: Lei de Ordenación do Comercio »

 

Deixar un comentario