A Asociación de comerciantes ‘ábaco’ mostrase satisfeita polo éxito da campaña “A Guarda Outlet” levada a cabo esta fín de semana
O presidente da Asociación do Baixo Miño de Comerciantes e Empresarios ‘ábaco’, Ángel Luis Baz Vicente, manifestou sentirse satisfeito polo éxito acadado esta pasada fín de semana na campaña de dinamización e promoción do comercio guardés “A Guarda Outlet”.
Tendo en conta, as referencias doutros lugares e o interes espertado entre os comerciantes, esta 1ª feira de liquidación de stocks do comercio guardés tiña tintes de éxito, xa antes da súa posta en marcha. Éxito, que quedou reflexado no gran número de persoas que nos visitaron durante os dous días e nas manifestacións feitas polos propios comerciantes unha vez rematada a mesma.
Ábaco quixo comprobar o nivel de satisfación dos participantes, a través de unha enquisa, e nela pódese comprobar que máis do 95% considera moi bo o séu nivel de facturación, asé como manifesta estar contento coa organización, divulgación e ubicación desta actividade, animando á asociación a repetila ou organizar outras similares.
Houbo que agardar 20 anos de asociacionismo comercial na vila guardesa para que unha campaña lograra un nivel tan elevado de satisfación entre os comerciantes, do mesmo xeito que pasara coa I Mostra do Comercio. Este éxito só é comparable có acadado por a Ruta da Tapa e a Ruta do Pincho, no sector da hostelaría.
Ángel Luis Baz Vicente quixo destacar que gran parte do éxito obtido nesta e noutras campañas que levou adiante ábaco, en escasos catro anos de existencia, é grazas a implicación da totalidade da Xunta Directiva e dos seus traballadores nos proxectos marcados e na capacidade de traballo dos mesmos para levalos adiante. Unha capacidade de traballo da que se contaxiou o comercio, movilizándose, para, entre todos, acadar estes resultados.
Traballo e máis traballo, ésa é , en palabras do presidente de ‘ábaco’, a “varita máxica” que empregamos para levar isto adiante.
Á pregunta de se volveremos ver outra edición de “A Guarda Outlet”, Ángel Baz respondeu, sen dubidar, de xeito afirmativo e engadiu que “todos estes proxectos se lle transmitiron á Directora Xeral de Comercio María Nava Castro Domínguez, na reunión que a xunta directiva mantivo con ela o pasado 3 de Xuño en Santiago de Compostela, dándonos o seu apoio e o da entidade que dirixe para seguer nesta liña.
Pola contra, quédanos pendiente despois de máis de un ano, ó conseguer unha reunión en Deputación, para facer chegar todas as nosas propostas. Son coñecedores da existencia da nosa asociación, posto que requiren colaboración en traballos coma o Plan Comercia, pero por agora seguimos esperando a desposta a nosa solicitude. Esperamos que esta reunión non tarde moito máis en chegar. Co apoio destas dúas entidades e cunha maior implicación, por parte do noso Concello, éstes e outros eventos terán lugar na Guarda máis a miúdo, co beneficio que conleva para todos.
Aproveito tamén para agradecer ós patrocinadores de “A Guarda Outlet”, SegurSystem Europa e Acanor(Decoración Gráfica), así coma os diferentes colaboradores, Concello de A Guarda, Comisión de Festas de San Antonio e evidentemente, os propios comerciantes que participaron nesta Feira, a Xunta Directiva, os empregados de ‘ábaco’ e a todos aqueles que fixeron posible a exitosa realización desta feira.”
¡Moitas grazas a todos!

Deixar un comentario