Primeiros gañadores no Concurso de Fotografías da II Ruta do Pincho
O pasado Martes día 26 de Maio procedeuse ó sorteo dos 3 primeiros premios das fotografías recibidas no Concurso de Fotografías da “II Ruta do Pincho” que organiza a Asociación ‘ábaco’ e que leva en funcionamento dende o pasado 8 de Maio.
Os agasallados recibiron ó seu premio o Xoves día 28 de Maio nas Oficinas da Asociación ‘ábaco’ de man da Secretaria da Secretaria Beatríz Lomba.
Premios entregados:
- Foto gañadora do Magnum de viño personalizado(cortesía de Terras Gauda)
- Foto gañadora do Estuche de viño Albariño
- Foto gañadora do Kit de Cervexa AMSTEL(cortesía de Distribuciones Cuña-AMSTEL)
Dende a Asociación ‘ábaco’ animamos unha vez máis a todos a que participen na “II Ruta do Pincho” que rematará o vindeiro Domingo día 7 de Xuño. Do mesmo xeito todos queles que queiran participar no Concurso de Fotografía, poden facelo remitindo as súas fotografías a correo@asociacionabaco.com xunto co seu nome, apelidos e un teléfono de contacto.
As fotografías do Concurso pódense visitar no seguinte enlace: AQUÍ






Deixar un comentario