A II Ruta do Pincho no Programa A Revista da Televisión de Galicia
Hoxe ás 12:45h da mañá a Televisión de Galicia conectou en directo dende o Hotel Bruselas de A Guarda para cubrir a información referente á “II Ruta do Pincho” organizada pola Asociación do Baixo Miño de Comerciantes e Empresarios ‘ábaco’.
A corresponsal do programa A Revista da TVG, Loli Gómez e o seu equipo técnico, desprazados ata a Guarda para a ocasión, preguntáronlle ó Presidente da Asociación ‘ábaco, Ángel Luis Baz Vicente, todos os datos referentes a esta campaña que promove a gastronomía e a hostalaría dos Concellos de A Guarda e O Rosal, representados polos 33 establecementos participantes nesta segunda edición. Loli Gómez fixo especial hincapé no sistema de funcionamento da “II Ruta do Pincho”, os agasallos para os participantes, as tarxetas vermellas, o concurso de fotografía e os pasaportes que empregarán todos os “ruteiros” que desexen participar nesta iniciativa.
Dende o “plató” televisivo, Xesús Peleteiro, presentador de A Revista, preguntou polos pinchos desta edición e animou a todos os telespectadores a que nos visiten para poder así degustar estes pinchos que estarán dispoñibles ata o 7 de Xuño en todos os establecementos participantes.
Ás 13:30h do mediodía iniciouse a segunda conexión na cal Ángel Luis Baz Vicente e Loli Gómez falaron e ampliaron un pouco máis toda a información referente a esta campaña gastronómica.
Dende a Asociación ‘ábaco’ consideramos que a “II Ruta do Pincho” favorecerá en xeral a todos os sectores económicos de A Guarda e O Rosal mediante o atractivo desta iniciativa e o continuo fluxo de visitantes e “ruteiros”.
Animamos unha vez máis a todos, a que descubran os esquisitos pinchos que se poden degustar nesta segunda edición ata o próximo 7 de Xuño e que aproveiten tamén para facer as súas fotografías estando de “ruta” para participar, deste xeito, no Concurso de Fotografías da “II Ruta do Pincho”.
¡VOS ESPERAMOS!

Deixar un comentario