A Guarda Outlet senta os precedentes para a súa primeira edición
Onte día 20 de Maio, nas Oficinas da Asociación ‘ábaco’, celebrouse unha reunión entre máis de 25 comerciantes interesados en participar en A Guarda Outlet, unha Feira de Oportunidades que se celebrará os días 20 e 21 de Xuño na Guarda.
O prazo de inscripción quedou aberto para todos os comerciantes que queiran participar na mesma ata o viendeiro Luns día 25 de Maio. As follas de inscripción, as Bases desta Campaña e toda a información relacionada, poden solicitarse nas Oficinas da Asociación ‘ábaco’ en horario de 9:00 a 13:00 e de 16:00 a 19:00.
Animamos unha vez máis a todos os comercios a participar nesta actividade e a informarse sin compromiso.

Deixar un comentario