Aberto o prazo de apertura dunha convocatoria pública para presentar a solicitude de instalación de terrazas de hostalaría
Resolución do 11 de marzo de 2009, da Zona Sur, pola que se anuncia a apertura dunha convocatoria pública para presentar a solicitude de instalación de terrazas de hostalaría nos portos da Comunidade Autónoma de Galicia (provincia de Pontevedra).
Co obxecto de tramitar adecuadamente as solicitudes de empresas e particulares de instalación de terrazas de hostalaría nos portos da Comunidade Autónoma de Galicia (provincia de Pontevedra) como complemento do seu negocio hostaleiro, anúnciase a apertura dunha convocatoria pública para a presentación de solicitudes.
O prazo de presentación das solicitudes remata o día 1 de xuño de 2009.
Deixar un comentario