‘ábaco’ abre o Prazo de Inscripción para a “II Ruta do Pincho”

Redactado por: Redacción Mércores,  8 de setembro de 2010

sh101051O Pasado Luns día 6 de Abril celebróuse nas Oficinas da Asociación ‘ábaco’ unha Reunión cos representantes dos establecementos interesados en participar na “II Ruta do Pincho”.

Nesta Reunión, presentada polo Presidente “Ángel Luis Baz Vicente”, estableceronse as Bases polas cales se rexirá esta Campaña e que foron asinadas polos representantes dos Locais interesados.

Do mesmo xeito acordouse o Calendario de Realización desta Campaña que comezará o Venres 8 de Maio e durará ata o Domingo 7 de Junio, catro fines de semana nos cales os clientes podrán degustar os pinchos que ofrecerán os establecementos participantes nos seguintes horarios: Venres(de 11:30 a 13:00horas e de 19:00 a 22:00horas), Sábados(de 11:30 a 13:00horas e de 19:00 a 22:00horas) e os Domingos (de 11:30 a 13:00horas).

O Prazo de Inscripción remata o próximo Mércores día 8 de Abril, polo cal animamos a todos os que non puideron asistir á Reunión a que pasen polas nosas Oficinas para informarse sobre as Bases da “II Ruta do Pincho”.

sh101049

Dentro das novedades desta segunda edición da “II Ruta do Pincho”, inclúese un “Concurso de Fotografías dos Ruteiros”, mediante o cal os Ruteiros que nos remitan fotografías estando de Ruta optarán a un Premio especial e as fotografías remitidas subiránse a internet no Album de Fotografías da Asociación e , outra novidade é a inclusión da “tarxeta vermella” coa que os establecementos poderán ser sancionados con 1 punto no caso de non ter a disposición dos clientes o seu pincho no horario establecido.

« Hoxe celebrouse o Curso de Manipulador de Alimentos | Portada | Hoxe ás 17:30 Reunión participantes na II Ruta do Pincho »

 

Deixar un comentario