O pasado 10 de Marzo celebrouse o Curso de Manipulador de Alimentos
O pasado 10 de Marzo ás 10:00a.m. da mañá inaugurouse o Curso de Manipulador de Alimentos organizado conxuntamente entre ‘ábaco’ e Informática San Benito. O total de inscritos ascendeu a 25 persoas, polo cal os organizadores non desestiman volver a organizar outro Curso de Manipulador de Alimentos no caso de que exista suficiente demanda de alumnos.
Con este Curso os alumnos obterán o Carnet indefinido de Manipulador de Alimentos, que non ten porqué ser renovado, aínda que si se recomenda facer algo de formación cada 5 anos.

Deixar un comentario