‘ábaco’ consegue a través de Caixanova que os técnicos do IGAPE visiten hoxe a Guarda

Redactado por: Redacción Mércores,  8 de setembro de 2010

Tralo manifesto da necesidade de ampliala información sobre o sistema de financiación ás PEMES que está a levar a cabo o Instituto Galego de Promoción Económica(IGAPE) a Asociación do Baixo Miño de Comerciantes e Empresarios ‘ábaco’ conseguiu que técnicos do IGAPE e Caixanova se reunan hoxe ás 20:30 no Centro Cultural de A Guarda para, deste xeito, explicar ós empresarios todo o relacionado coas axudas directas e financieiras do IGAPE e a Financiación a Empresas de Caixanova.

Nesta charla informativa conxunta para todalas asociacións de comerciantes do Baixo Miño, estará presentada pola Presidenta de ACIGU Dña Carmen García Braga e polo Presidente de ‘ábaco’ D.José Ángel Gándara Rodriguez, intervirán ademáis o Técnico do IGAPE en Vigo Dña.Carla García Valcarce e o Director Territorial de Caixanova en Vigo D.Eladio Rodríguez Álvarez.

Ó finalizar cada presentación aberá 10 minutos de preguntas-debate, para que todolos asistentes que queiran podan plantexar as súas dúbidas e conocer un pouco máis todalas liñas de axudas.

« Nova Xunta Directiva da Asociación ‘ábaco’ | Portada | O pasado 10 de Marzo celebrouse o Curso de Manipulador de Alimentos »

 

Deixar un comentario