Carta do Presidente a tódolos asociados
Estimados socios,
Como xa sabedes, a última Asamblea realizada foi no mes de Septembro do ano pasado e na mesma, poidemos contar cunha boa participación dos socios, algo que considero de suma importancia para o correcto funcionamento da Asociación, por este motivo, e en representación de toda a Xunta Directiva, insto a tódolos socios a participar nesta nova Convocatoria de Asamblea Xeral citada para o próximo Luns 16 de Febreiro de 2009 ás 20:30 en primeira convocatoria e ás 21:00 en segunda convocatoria.
Dando un breve repaso ás actividades realizadas pola Asociación dende que presido a actual Xunta Directiva, síntome moi orgulloso dado o carácter e a importancia que a Asociación adquiríu ó longo destes anos, pero considero que, como xa dixen noutros casos, é necesario e beneficioso para o correcto funcionamento da Asociación que a Xunta Directiva se renove e actualice progresivamente incorporando novos membros na mesma.
Levo xa 4 anos coma Presidente desta Asociación e, igual que o resto da Xunta Directiva, penso que é conveniente que se tome un relevo, ocasión que se facilita mediante a Asamblea do día 16 de Febreiro e que ven tamén reflexada nos Estatutos da Asociación.
Neste ano de crise económica a Asociación está a traballar na procura de axudas directas ó Comercio, Hostelaría e Industria, polo cal, na Asamblea trasladaremos a tódolos socios e se debatirán os resultados e as noticias que temos ata a esta data, nos cales se incluen o Plan Director para o Comercio promovido pola Deputación de Pontevedra, o Financiamento ICO do Plan Avanza do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio do Goberno de España, entre outros de carácter importante para os empresarios da nosa vila.
Xa para rematar, e recordando novamente a tódolos socios da importancia da participación e asistencia ás Asambleas e Reunións da Asociación, anímovos a que asistades o día 16 de Febreiro á Asamblea Xeral do 2009 no local da Asociación, para deste xeito definir o futuro inmediato desta Asociación e poder contar ca vosa asistencia e apoio.
Reciban un cordial saúdo,
José Ángel Gándara Rodríguez
(Presidente de ‘ábaco’)
Deixar un comentario