Subvención para PEMES en materia das tecnoloxías da información e as comunicacións
Estimados socios,
Informamos a saída de novas subvencións para as PEMES para os investimentos que teñan que ver cas tecnoloxías da información e as comunicacións.
A esta subvención poden acollerse tódalas empresas que adopten e utilicen eficientemente as TIC a través de melloras substanciais nos seus sistemas de información:
- Implantación ou mellorada rede de datos interna da empresa
- Investimento en bens de equipamento que supoñan unha mudanza tecnolóxica substancial.
Para amplia-la información podedes acceder ó documento en formato PDF facendo clic AQUÍ
Esperamos que sexa da súa utilidade.
Deixar un comentario