‘ábaco’ consegue 4 certificacións do Comercio Galego de Calidade para A Guarda e O Rosal

Redactado por: Redacción Venres,  10 de setembro de 2010

Iluminación e electricidade Crisdeluz, Foto Estudo Gándara, Alambique Artesanía e Delicatessen e Electrodomésticos Milar-Telesón poden presumir dende fai algúns días de contar ca certificación de comercio Galego de Calidade C! que a Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia vén outorgando a aqueles negocios que superan as pautas que garanten a máxima calidade nas súas instalacións, servizos e atención ao cliente.

Mención especial require o caso de Milar Telesón, este comercio de electrodomésticos do Rosal, que como os anteriores, tramitou a súa solicitude a través de ‘ábaco’ e o Foro Galego do Comercio, por ser un dos primeiros establecementos desta vila que dispón deste Selo de garantía en calidade comercial.

Dende a Directiva de ‘ábaco’ mostran tamén a súa satisfacción polos resultados obtidos ao conseguir un resultado favorable na totalidade das solicitudes tramitadas, todo isto segundo o seu presidente, José Ángel Gándara ‘ten para nós un valor engadido xa que somos coñecedores do gran número de empresas que tramitaron as súas solicitudes a través doutras asociacións e non lle recoñeceron esta certificación ou non recibiron resultados favorables ata o momento, o que indica o alto grao de esixencia nas normas a cumprir’. Feito este que non pasou por alto dende o Foro Galego do Comercio que a través do seu presidente José Bangueses, fixo chegar as súas máis sinceras felicitacións por estes resultados, froito do traballo realizado por parte de ‘ábaco’ e os seus comercios asociados.

Preguntándolle aos responsables destes negocios polo galardón conseguido, estas son as súas valoracións:

- Angel Baz de Alamquique artesanía e delicatessen -

‘é un privilexio para Alambique contar con esta certificación galega de calidade porque xunto cá firma de Artesanía de Galicia, cá que tamén contamos, lle amosamos ós nosos clientes o nivel de esixencia co que traballamos para garantir un bó servizo e produto.

- José Anxo Gándara de Foto Estudo Gándara

‘é unha satisfacción persoal e un orgullo profesional ó reconocemento por parte, neste caso, da Xunta de Galicia do traballo constante, de reciclarse, ser competitivo e superarse día a día.’

- Cristobal de Iluminación e Electricidade Crisdeluz

‘é un extra que lle ofrecemos ó público que temos e este selo dalle aínda máis credibilidade á xente que nos visita e ó servicio que lles prestamos, tanto no momento da compra, como no servicio de postventa, xa que moitas das nosas ventas requiren dun servicio a posteriori.’

- Jose Luis Iglesias Vicente de Electrodomésticos Milar - Telesón
‘é para nós algo necesario e indispensable para contrastar a calidade do servizo que ofrecemos ós nosos clientes.’

« Reunión para a Campaña de Nadal 2008 | Portada | Obama elige OpenOffice »

 

Deixar un comentario