A nova publicación, “O Ofertómetro” está xa na rúa!
Aquí esta, outro froito do traballo que vén realizando a Xunta Directiva de ábaco en colaboración cos asociados, alguén no seu día propuxo a esta Xunta Directiva este proxecto, un xornal onde cada asociado poidese anunciar un produto ou varios en oferta para un mes determinado, todo iso acompañado de noticias de actualidade, cultura, deporte, concursos, etc., con algo de atraso pero por fin hoxe ve a luz, esperamos que esta nova ferramenta publicitaria dos negocios da Guarda, sirva para rexurdir as vendas nestes momentos tan delicados e de críses.
Esta nova iniciativa vén cubrir un espazo no mercado ao que non pode acceder a maioría de comerciantes, polo alto custo que suporía facelo individualmente, pero unha vez máis se demostra que o asociacionismo vale para algo e entre todos si podemos alcanzar e poder competir en igualdade de condicións coas grandes superficies, Internet etc.
Só cabe darlle os parabéns a todos os socios por colaborar e participar neste novo proxecto de ábaco, e que isto sirva para rexurdir as nosas vendas e ao mesmo tempo que sexa unha vantaxe para os nosos clientes dinamizando o sector, porque os tempos cambian e o comercio da Guarda dáse conta diso.

A disposición de tod@s nos establecementos asociados a ‘ábaco’, na Oficina da Asociación, sito na rúa Manuel Lomba nº 7 e outros puntos de distribución.
¿Queres ver “O Ofertómetro” en internet? Descarga directa en formato pdf aquí!
Deixar un comentario