A I Ruta da Tapa e dos viños D.O. Rías Baixas chega a “Washington”
Esta semana recibimos un comentario na nosa páxina web www.asociacionabaco.com , dunha parella que visitará Galicia este mes e está interesada en participar na I Ruta da Tapa, o que demostra a magnitude que leva consigo esta campaña organizada pola Asociación do Baixo Miño de Comerciantes e Empresarios ‘ábaco’, transcribimos o comentario recibido dende Washington: “mi esposo y yo residimos en washington, visitaremos galicia en noviembre, como podemos conseguir un pasaporte para hacer la ruta de las tapas”
Destaca tamén o interese mostrado polos propios ruteiros, que non esperan a chegar A Guarda para informarse dos horarios, os premios, as tapas e os establecementos participantes nesta ruta, e chaman o teléfono e acuden ó local da asociación para pedirnos información.
O terceiro fin de semana da I Ruta da Tapa e dos viños D.O. Rías Baixas segue a acumular o éxito acadado nas dúas semanas anteriores, destacan por exemplo o grán número de Tapas servidas ós clientes do Arruaz (máis de 1500 tapas), o Restaurante Gaviota (máis de 1000 tapas), Restaurante La Granja (máis de 650 tapas), Tapería Vaite Vindo (máis de 620 tapas), Bocatería O Meigallo (máis de 360 tapas), Cervecería La Casilla (máis de 350 tapas), Cafetería Trastévere (máis de 320 tapas), Cervecería Pool Chaos (máis de 270 tapas), Restaurante O Novo Portiño (máis de 225 tapas), Restaurante Estación Marítima (máis de 200 tapas) ou a Tapería Porto Guardés (máis de 400 tapas), cun total aproximado de 7.000 tapas servidas entre os 24 locais participantes.
Varios locais xa teñen nas súas urnas pasaportes selados e depositados cos 24 selos dos 24 locais participantes, o que demostra o auxe que ten esta I Ruta da Tapa e dos viños D.O. Rías Baixas. Do mesmo xeito O Restaurante Arruaz fixo entrega esta mesma mañán do premio dun estuche con 3 bollellas de viño As Laxas a “Miguel Ángel Sousa Fernández” co motivo da tapa número 1500 servida neste establecemento.
Os 24 hostaleiros que decidiron participar nesta I Ruta da Tapa e dos viños D.O. Rías Baixas apostan forte, e mostra disto é a gran afluencia de ruteiros que cada día recorren os locais co seu pasaporte na man, esperando degustar as sabrosas tapas que teñen a súa disposición ó prezo de 1€ a tapa.
Dende a Asociación do Baixo Miño de Comerciantes e Empresarios ‘ábaco’ queremos recordar unha vez máis que, todo aquel que así o prefira, pode enviarnos as súas fotografías da I Ruta da Tapa ó seguinte enderezo electrónico: correo@asociacionabaco.com e sairán publicadas na páxina web da Asociación.

Deixar un comentario