Texto da inauguración da I Ruta da Tapa e do viño D.O. Rías Baixas

Redactado por: Redacción Mércores,  8 de setembro de 2010

Nesta primeira ruta da tapa que se inaugura hoxe con este acto, ábaco parte con dous obxectivos, o primeiro e principal como o nome da campaña o indica, e seguir coa posta en valor da gastronomía da Guarda, pero non quixemos esquecernos doutro referente importante da gastronomía da zona, como son os viños da D. O. Rías Baixas.

Para iso editamos 5.000 guías onde figuran os locais participantes, un plano de situación de cada un deles, unha ampla información sobre esta denominación de orixe, e as oito adegas participantes nesta campaña como son Quinta do Cuña, Valmiñor, As Laxas, Adegas Galegas, Terras Gauda, La Val, Aforado y Quinta de Couselo.
Todo isto foi posible grazas ao apoio económico da Consellería de Innovación e Industria a través da Dirección Xeral de Turismo, ao Concello da Guarda e a participación das oito adegas antes mencionadas que non quixeron quedar fora de este importante evento en A Guarda.
Nesta primeira ruta, que se celebrará desde hoxe ata o 30 de novembro, participan un total de 24 hostaleiros, ofertando as súas creacións durante todos os días da semana, en horarios de 11 a 13:30 e de 19 a 21:30 h.
Co fin de coñecer os locais participantes, ábaco distribuirá un total de 5.000 pasaportes para realizar a ruta. Cada un dos 24 locais, ofrecerá unha tapa ao prezo simbólico de 1€, que o cliente poderá votar con 1, 2 ó 3 puntos a súa calidade e presentación, e o establecemento selaralle o recuadro pertencente ao seu local no pasaporte da ruta.
Os consumidores participantes nesta ruta, obterán diferentes premios pola súa participación, tanto para aqueles que finalicen a ruta cos 24 locais selados, como para os que a realicen coa metade mais un, ou sexa 13 locais selados.
Aqueles que realicen a ruta cos 24 establecementos selados, obterán de forma directa unha botella de viño da D.O. Rías Baixas, un vale de 10% de desconto na compra de Cafes Campos e unha reprodución do pasaporte en tamaño carnet co titulo de ruteiro de honor, participando á súa vez no sorteo do premio especial de unha FIN DE SEMANA no “HOTEL TALASO ATLANTICO” para duas persoas, con cea, aloxamento, desayuno, 3 tratamentos por persoa e día e 2 horas de percorrido marino (piscina terapeutica) por persoa e día, tamen participara no sorteo de cinco estancias de fins de semana para duas personas en casas rurais da Asociación Agarimo e oito visitas con comida as adegas colaboradoras con esta campaña.
Todos aqueles pasaportes que cubran os 24 locais e todos os que tan só selasen 13, entrarán no sorteo de mais de 600 € distribuídos en vales de 20, 15, 10 e 5 € que os propios hostaleiros ofrecen como premio para consumir nos seus establecementos e tres lotes de Cafes Campos.
Os hostaleiros tamén obterán premio pola súa participación e pola elaboración da súa tapa, a través das votacións que os consumidores realizarán no pasaporte, determinando así a clasificación das 3 mellores tapas, obtendo o seu diploma de 1º, 2º e 3º clasificado, os demais hostaleiros, recibirán un diploma como participante nesta primeira ruta.

Outra novidade para esta ruta, e o acordo firmado cos hoteis Convento San Benito onde nos encontramos agora e o Bruselas, que ofertan precios especias para aqueles ruteiros que desexen pernoctar na Guarda, para aceder a estes descontos tan so deberan presentar o pasaporte da ruta con seis selos, podendo asi disfrutar tamen dos viños da D.O. Rías Baixas nesta ruta.
Por ultimo convidarlles a todos a que veñan a participar desta gran festa gastronomita na Guarda.”

« Domingos e Festivos Hábiles 2009 | Portada | Palabras do presidente de ‘ábaco’ »

 

Deixar un comentario