Segundo fin de semana de éxito na I Ruta da Tapa

Redactado por: Redacción Venres,  10 de setembro de 2010

¡¡¡¡e volveunos a coller o touro!!!

As previsións feitas polos hostaleiros volvéronse a quedar curtas nalgúns dos casos. A gran afluencia de novos ruteiros que decidiu vivir esta experiencia xunto a un gran número deles que demostran co seu pasaporte ter os deberes feitos, “volveron deixarnos en evidencia” a mais dun local que tivo que colgar o cartel de ¡¡¡ESGOTADO!!! por segunda semana consecutiva.

Polo que a organización e todos os establecementos participantes queremos pedir desculpas por este feito, o que intentaremos corrixir en futuras semanas dentro das nosas posibilidades, xa que é moi difícil prever o número de ruteiros que cada semana nos visíta.

Falar de cifras nesta primeira ruta da tapa, é moi difícil xa que a unha zona como a do porto, con afluencia de ruteiros da localidade, e arredores súmanselle os visitantes de paso, aos que podemos chamar ruteiros espontáneos, estes últimos lonxe de atreverse a completar a ruta, danse por satisfeitos visitando unha media de 4, 5 locais, xa que co tamaño da tapa que se oferta e o tempo que permanecen na Guarda non lles dá para mais, aínda que algún deles quedan a pasar a noite e outros pensan volver para continuar coa ruta.

De aí vén que nos locais do porto fálese de cifras superiores ás 1.000 tapas, como é o caso dun deles, que na súa pizarra posta na rúa figura un premio especial para a tapa 1.500, consistente nun estoxo de 3 botellas de Albariño Laxas doada para a ocasión pola tenda de Artesanía e Produtos típicos “Alambique” e que posiblemente este próximo fin de semana supérese esa cifra e fágase entrega do mesmo.

Pincha na imaxe
para ver as fotografías do 2º fin de semana da posta en marcha da I Ruta
da Tapa:

Segundo fin de semana da ruta da tapa

Segundo fin de semana da ruta da tapa

Lembrámoslle a tódolos comercios e participantes na “I Ruta da Tapa” que poden enviarnos as súas fotografías o seguinte correo electrónico: correo@asociacionabaco.com e serán publicadas na web!

Esperamos as vosas fotografías!

« A I Ruta da Tapa e dos viños D.O. Rías Baixas chega a “Washington” | Portada | Alternativas gratuitas a programas de pago »

 

Deixar un comentario