Exitosa estrea da “I Ruta da Tapa”
A Guarda recibiu este fin de semana, unha grande cantidade de visitantes de toda a provincia. Xentes de localidades como Arcade, Redondela, Ponteareas, Salceda, Porriño, Tui, Vigo, fixéronse notar nas rúas da Guarda, atraídos pola campaña de promoción gastronómica organizada pola asociación de comerciantes ‘ábaco’ e que durará ata o 30 de novembro.
A climatoloxía tamén quixo aliarse coa “I Ruta dá Tapa” e dos viños da D.O. Rías Baixas, volvéndose a vivir escenas de anteriores citas, cunha multitude de xente pasaporte en man degustando e valorando as tapas e buscando a seguinte parada, foi tal a afluencia de persoas nesta ruta, que sobre as 13:30 horas do domingo nalgúns locais podía verse o cartel de “esgotada” xa que a referencia que tiñan da ruta do pincho foise abaixo ao duplicarse e nalgúns casos triplicarse a demanda de tapas con relación á do pincho. En resumo un ambiente festivo que recordaba datas mais propias do verán.
A falta de seis semanas pódese dicir que esta “I Ruta da Tapa”, vai camiño de alcanzar un éxito sen precedentes, mostrando unha vez máis que o asociacionismo ben feito dá os seus froitos. Como ben dixo o alcalde de A Guarda no acto de inauguración o pasado venres 17, “Son xantares ou ceas para época de crise”, “este efecto chamada vaise notar” e vaia se se notou.
Os organizadores, queren recordar a todas aquelas persoas que queiran gozar durante o fin de semana desta ruta, e pernoctar en A Guarda, que contan coa colaboración de dous hoteis, onde aplican un desconto especial aos ruteros que presenten o pasaporte con polo menos seis selos de establecementos da ruta. Os hoteis colaboradores con esta campaña son o Hotel Convento San Benito, en Praza de San Benito (porto) teléfono 986 611 166, con habitación dobre ao prezo de 48€ mais IVA, e o Hotel Bruselas en Rúa Orense, 7, teléfono 986 611 121 con habitación dobre a 35€ e individual a 20€ ambas con IVA incluído.
Pincha na imaxe
para ver as fotografías do 1º fin de semana da posta en marcha da I Ruta
da Tapa:
Lembrámoslle a tódolos comercios e participantes na “I Ruta da Tapa” que poden enviarnos as súas fotografías o seguinte correo electrónico: correo@asociacionabaco.com e serán publicadas na web!
Esperamos as vosas fotografías!

Deixar un comentario