Charla-presentación sobre software libre para PYMES (fotografías)

Redactado por: Redacción Venres,  10 de setembro de 2010

A Xunta Directiva de ‘ábaco’ invítao á charla-presentación sobre Software Libre para Pymes o vindeiro venres 24 de outubro ás 20:30 horas no local da asociación (Manuel Lomba, 7), na que se regalará a cada asistente un DVD con máis de 10 programas gratuitos de calidade para tendas, oficinas e empresas en xeral, editado pola Consellería de Innovación e Industria “Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información” da Xunta de Galicia.

Empregando os programas contidos neste DVD vostede poderá crear documentos de texto, follas de cálculo ou presentacións multimedia, navegar por Internet ou usar o correo electrónico. Ademáis poderá tamén facturar automáticamente, manter o control das súas contas, xestionar os recursos da súa empresa, a relación cos seus clientes ou incorporar as máis innovadoras ferramentas de traballo colaborativo en rede.

O acto será presentado por Fernando Coello, directivo de ‘ábaco’ e diseñador gráfico de Índice Comunicación, e a charla será levada a cabo por Rafa Couto de Aplicaciones y Redes, unha empresa de Vigo especializada en Software Libre. O acto contará tamén coa colaboración de Jorge Alonso, Técnico en Aplicacións informáticas de Xestión e Administración de Sistemas Microinformáticos.

Pincha na imaxe
para ver as fotografías da Charla-presentación

Charla-presentación software libre

Charla-presentación software libre

 

AVISO: Lembrámoslle que temos á vosa disposición o DVD de programas que se entregou ós asistentes á charla-presentación. Os interesados poden pasar pola Oficina de ‘ábaco’ a recollelos(rúa Manuel Lomba nº7 baixo) ou reservalos chamando ó número de teléfono 986 61 0887.

« Alternativas gratuitas a programas de pago | Portada | Domingos e Festivos Hábiles 2009 »

 

Deixar un comentario