" /> Asociación do Baixo Miño de Comerciantes e Empresarios 'ábaco': Febreiro 2008 Archives
ábaco

« Xaneiro 2008 | Páxina principal | Marzo 2008 »

Venres 22 de Febreiro de 2008

Entrega de premios de Nadal e Entroido de 'ábaco'

O mércores, día 20 de febreiro, tivo lugar a entrega de premios aos gañadores do III Concurso de Debuxo de Nadal de 'ábaco' na súa sede social.

Os gañadores foron:

- Elsa Pena Vicente, na categoría de 1 a 4 anos.
- Leticia Gonzalez Baro na categoría de 5 a 8 anos.
- Alicia Martínez Baz na categoría de 9 a 11 anos.
- Marta Pou Álvarez na categoría de 12 a 14 anos.

Ademais, nesta campaña de nadal, ábaco quixo premiar os socios e a os seus clientes a través do concurso de ambientación navideña que tiña como premio unha campaña publicitaria gratuita e de tres sorteos de 500 euros respectivamente. O socio gañador do concurso foi “Decoraciones Bambino” e os clientes dos nosos asociados foron:

- Nélida Rodríguez Gonzalez.
- Miguel Baquero Rocha.
- Isabel

No mesmo acto, a nova directiva da asociación fixo o sorteo dos tres cheques cos que premiará, de novo, os clientes dos establecementos asociados dentro da Campaña de Entroido que acaba de rematar. Os premiados con un cheque de 100 euros cada un son:

- Sara Torres González, cliente de Foto Verano.
- Marta Machado, cliente de Foto Gándara.
- Pablo Pereira Rodriguez, cliente de Foto Flash.



José Ángel Gándara Rodríguez entrega o premio a Miguel Baquero Rocha
 



Antonio Vázquez Conde entrega o premio a Isabel Martinez Rodriguez
 



Felipe Gutiérrez Estévez entrega o premio a Nélida Rodríguez Giráldez
 



Ángel Baz Vicente entrega o premio a Leticia González Baro
 



Milagros Amador Dacal entrega o premio a Alicia Martínez Baz
 



Fernando Coello Vicente entrega o premio a Marta Pou Álvarez
 



Momento do sorteo da Campaña de Entroido
 

 



Juan Antonio Castro Rodríguez entrega o premio da campaña publicitaria gratuita a Angelina Alonso Vicente (Decoraciones Bambino)
 



Juan Antonio Castro Rodríguez entrega o premio a Elsa Pena Vicente
 



Membros da Xunta directiva
 

Mércores 13 de Febreiro de 2008

Conferencia sobre o Selo de Calidade Comercio Galego

O pasado luns 11 de febreiro Fernando Coello e Ángel Luis Baz asistiron en representación de 'ábaco' a unha conferencia-debate na sede do Foro Galego do Comercio en Bueu sobre o Selo de Calidade Comercio Galego e na que se falou sobre a Lei de Comercio de Galicia.

Á conferencia estivo a cargo de Ana Rúa, Directora Xeral de Comercio. O selo Calidade Comercio Galego é unha marca que pretende fomentar un valor engadido e diferencial do noso pequeño comercio tradicional.

Requisitos para a obtención do Selo de Calidade do Comercio Galego:

1) Cumplir o establecido na norma UNE 175001, mediante a obtención do correspondiente certificado emitido por unha certificadora acreditada pola ENAC.

2) Cumprimento de 8 dos 9 requisitos que exixe a Dirección Xeral de Comercio e cuxa verificación está encomendada á Fundación pola Calidade da Consellería de Innovación e Industria. Tales requisitos fan referencia a condicións transversais de responsabilidade social corporativa do noso comercio, sobre as que existe un amplo consenso social da necesidade do seu cumprimento. En resume son os seguintes:

- O Coñecemento da normativa vixente en materia de comercio (Mediante cursos).

- A ausencia de sancións nos últimos 3 anos.

- A utilización da lengua galega na sinalética e páxina web.

- A adhesión ao sistema arbitral de consumo.

- A pertenza a unha asociación de comerciantes.

- A procura da conciliación da vida laboral e familiar dos traballadores.

- A existencia de programas e prevención de riscos laborais.

- A supresión de barreiras arquitectónicas nos locais.

- E as medidas de aforro energético.

As empresas que consigan o selo recibirán un “kit” consistente nunha seria de pegatinas co selo, unha carpeta coa documentación, unha escultura co logo de Calidade do Comercio Galego, un diploma acreditativo e bolsas co logo.

Venres 1 de Febreiro de 2008

Campaña de entroido 2008 de 'ábaco'

O luns e martes de entroido estarán abertos todos os estudios fotográficos da Guarda cunha promoción de 2 fotos de estudio de 10x15 mais unha foto de agasallo por 10 €.

Entre todos os que participen sortearanse 3 cheques de compra de 100 € para gastar en establecementos asociados a 'ábaco' (mais de 100 na Guarda e o Rosal)