" /> Asociación do Baixo Miño de Comerciantes e Empresarios 'ábaco': Marzo 2006 Archives
ábaco

« Febreiro 2006 | Páxina principal | Abril 2006 »

Luns 27 de Marzo de 2006

Subvencións para a adecuación dos establecementos comerciais ao seu contorno competitivo,

A Consellería de Innovación e Industria publica no Diario Oficial de
Galicia nº 60, de hoxe luns 27 de marzo de 2006, a Orde do 15 de marzo de
2006 pola que se aproban as bases reguladoras e se procede á convocatoria
para o ano 2006 de subvencións para a adecuación dos establecementos
comerciais ao seu contorno competitivo, en desenvolvemento do plan de
renovación e mellora do comercio galego. Páxinas 4.474 a 4.481.

O prazo para a presentación de solicitudes remata o 15 de maio de 2006.

Para coñecer o texto desta orde podedes baixalo da web www.xunta.es ou ben pedir unha copia da mesma no concello.

Venres 24 de Marzo de 2006

Entrevista na Cámara de Comercio de Tui

Na entrevista mantida o 20 de marzal de 2006, coa asistencia do Presidente, Vicepresidente e tesoureira da Asociación 'ábaco' na Cámara de Comercio de Tui tratáronse os seguintes temas:

- Constitución da asociación e primeiros pasos. Estautos.
- Accións desenvolvidas ata o momento.
- Entraga de documentación relativa á Asociación.
- Máis información na páxina web.
- Posibles cursos.
- Axudas e servizos conxuntos.

Mércores 8 de Marzo de 2006

Solicitude de entrevista co Director Xeral de Vivenda e Solo

Con data 8 de marzal de 2004 solicitamos ó Director Xeral de Vivenda e Solo, Daniel Pino Vicente unha entrevista para informarnos sobre a situación actual da construcción do Parque Empresarial A Guarda-O Rosal.

Asemade, desexamos comunicarlle as actividades que estamos desenvolvendo e os obxectivos que temos marcados para o vindeiro ano dende a Asociación.

Xoves 2 de Marzo de 2006

A nosa carroza no Antroido da Guarda

antroido_01_p.jpgComo xa informáramos, 'ábaco' tiña pensado participar no desfile de Antroido da Guarda y fixémolo cunha carroza-karaoke na que Carlinhos Brown (Angel) cantou, fixo piruetas, bailou e animou á xente a bater as palmas e cantar durante todo o traxecto.

O percorrido comezou ás 17:30h. dende a "Esquina Famosa" pasou pola´Rúa de Galicia e e rematou na Alameda onde había moita xente mirando o desfile polas´beirarúas. Este ano só participaron dúas carrozas, a nosa e unha sobre o Enterro do tabaco.

Despois do desfile a nosa carroza tivo unha sesión de Karaoke diante de "La Luna" onde obsequiaron con refrescos os participantes. Despois baixamos ó porto para rematar o percorrido na Alameda sobre as 22:00h.

Queremos agradecer a colaboración desinteresada das nais e fillos alleos á asociación.